Es Noticia

Fillas de Cassandra rebenta Balaídos na estrea de As Celtas

As Celtas viven este sábado o seu gran día. O primeiro partido oficial da súa historia merecía un gran escenario, o estadio de Balaídos. Tamén merecía o apoio de toda a afección, entregadas ás xogadoras dirixidas por Vicky Vázquez. O estadio é unha festa, e toda festa tamén merece dun gran concerto. O Celta de Vigo non dubidou e apostou por convidar a un dos grandes grupos da nova escena musical galega, Fillas de Cassandra.

As súas cancións retumban en cada partido que o primeiro equipo e a Celta Fortuna xogan en Balaídos. 'Lisístrata', coñecida como 'Varre vasoira'; 'Tataravoa' ou 'As Moiras' son himnos que o celtismo berra cada fin de semana.

As viguesas María Soa e Sara Faro saltaron ao céspede no descanso do encontro que As Celtas e o Vitoria FC disputan este histórico sábado en Balaídos. Fillas de Cassandra foron interpretando as súas cancións máis coñecidas, incluídas no seu exitoso disco 'Acrópole'.

A bancada respondeu gozando dun emocionante espectáculo no que a música popular galega, que vive unha idade de ouro grazas a grupos como Tanxugueiras, Grande Amore, The Rapants, Dirty Suc, Terbutalina ou Mondra, actualizouse con sons electrónicos, sintetizadores e mestizaxe sen complexos.

Un pequeno concerto, como recolleu Mundo Celeste, cunha visita especial, a avoa de María Soa, tamén entraba no céspede na súa cadeira de rodas. Abonaba histórica do Celta de Vigo, non se quería perder un momento tan especial para o club como para a súa neta.

Escribir comentario 0 comentarios
Deja una respuesta
Su comentario se ha enviado correctamente.
Su comentario no se ha podido enviar. Por favor, revise los campos.

Cancelar