Es Noticia
Couceiro y el consejo del Deportivo se despiden con "agradecimiento a la extraordinaria afición"
  • Mi perfil
  • Salir

Couceiro y el consejo del Deportivo se despiden con "agradecimiento a la extraordinaria afición"

DMQ
Antonio Couceiro, presidente del Deportivo (Foto: RCD).
Antonio Couceiro, presidente del Deportivo (Foto: RCD).

El consejo y el presidente del Deportivo han firmado una carta directa a la afición a modo de despedida tras su salida de la entidad herculina. Repasan parte de su etapa y destacan que facilitan a Abanca la posibilidad de volver a empezar de cero.

El comunicado del Deportivo

Queridas e queridos Deportivistas,

En febreiro de 2021, ABANCA pensou na miña persoa para liderar o proxecto do Deportivo, nuns momentos moi difíciles para o Club. O seu obxectivo era nomear un Consello de Administración non executivo, formado por profesionais independentes de recoñecido prestixio nos seus ámbitos de actividade, para reconducir a situación e volver no menor prazo posible ao fútbol profesional. O reto era impresionante e asumímolo coa ilusión e compromiso que a ocasión requiría, tratando de xerar confianza no futuro do Club.

O comezo esixiu unha reestruturación a fondo da organización do Club, á vez que se fichaba un adestrador para o equipo masculino con dous ascensos a Segunda División no seu haber e deseñábase, cuns recursos moi axustados, un cadro adaptado á categoría. O resultado é que estivemos moi preto do ascenso. Xa nesta temporada 22-23, reforzouse o cadro, tanto no verán como no inverno, e, por múltiples circunstancias, estivemos preto do ascenso pero non se conseguiu. Igualmente o primeiro equipo feminino, ao que lle faltou soamente un gol.

Desde o Consello tratamos de mellorar a organización profesional do Club e avanzar en aspectos como a dixitalización e a sustentabilidade, mellorando os ingresos e xestionando eficientemente os gastos, reforzando a súa solvencia para o futuro. En todo iso, atopamos a total colaboración de ABANCA, así como a dos magníficos profesionais cos que conta o Club.

Nestes momentos, ABANCA desexa comezar unha nova etapa e desde o Consello facilitamos que poida facelo sen restricións. Desexámoslle aos novos administradores que acerten nas súas decisións e que teñan a necesaria fortuna nos momentos críticos da competición deportiva.

E non podo terminar esta carta sen o imprescindible e sentido agradecemento á extraordinaria afección do Club, a nosa auténtica razón de ser, e que, grazas a ela, o Deportivo estará, máis pronto que tarde, no top-ten do fútbol español. 

Un abrazo para todo o Deportivismo, moito ánimo e Forza Dépor, sempre!!

Antonio Couceiro

Carlos Cantó

Enma Lustres

Miguel Juane

David Villasuso

Antonio Couceiro, expresidente del Deportivo (Foto: RCD).
Antonio Couceiro, expresidente del Deportivo (Foto: RCD).

0 comentarios
Escribir comentario 0 comentarios
Deja una respuesta

Información básica de Protección de Datos:
Responsable de los datos: El Desmarque Portal Deportivo, S.L.
Finalidad: con la que se tratan sus datos personales: gestión de comentarios en el blog.
Derechos que le asisten: podrá acceder, rectificar y suprimir los datos, así como revocar la autorización para el tratamiento de los datos, ejercitar los derechos de limitación, portabilidad, y a no ser objeto de decisiones automatizadas dirigiéndose por escrito a la dirección: legal@eldesmarque.com.
Información adicional: puede consultar la información detallada en el siguiente enlace: https://www.eldesmarque.com/politica-de-privacidad (apartado “Gestión de comentarios en foros y blogs”).

Cancelar

Cargando

Has preferido rechazar las cookies, regístrate para acceder al contenido

El registro permite navegar rechazando el aviso de cookies, pero no implica dejar de recibir publicidad ni acceso a contenido o ventajas exclusivas. Si ya estás registrado, haz click aquí para acceder.

Recuerda que tienes la opción de aceptar las cookies para acceder al contenido sin registrarte