Es Noticia
El comunicado de las peñas del Celta sobre el cierre de Río
  • Mi perfil
  • Salir

El comunicado de las peñas del Celta sobre el cierre de Río

DMQ
Foto autor
ElDesmarque Vigo

Reportar vídeo

La Federación de Peñas del Celta de Vigo ha emitido este lunes un comunicado en protesta por el cierre de la Grada de Río de Balaídos para el duelo entre el equipo celeste y el Atlético de Madrid del pasado domingo. En el mismo, señalan que si el encuentro hubiese estado programado para disputarse en otros estadios de LaLiga Santander, se habría suspendido, a la vez que inculpan tanto al club vigués como al Concello por crear una innecesaria guerra entre ambas entidades que perjudica, en primera instancia, a los abonados.

También piden que, a ser posible, Río ya esté en condiciones de seguridad para abrirse durante el próximo duelo que tendrá lugar en Balaídos contra el Athletic Club. Asimismo se ensañan con el alcalde de Vigo por haber reiterado, días antes de tomar la decisión del cierre, que la seguridad estaba garantizada.
El comunicado al completo reza así:

RESPECTO. SOMOS CELTISTAS E SOMOS PERSOAS

A todo o celtismo en xeral e aos 8.000 socios/as que o domingo quedaron na rúa sen poder entrar en Balaídos é imposible quitarlle esa sensación de rabia e incredulidade. ¿Como se pode chegar a tal punto de despropósito por culpa da nula comunicación entre Celta e Concello? ¿Cómo a mal chamada mellor liga do mundo non permite adiar un partido cando hai tal cantidade de xente afectada? ¿Xogaríase o encontro se isto sucede no Bernabeu ou no Nou Camp?. Todos estes despropósitos acábanos pagando os que ningunha culpa teñen: os seareiros e seareiras.
En varias ocasións o Celta foi centro de críticas pola nosa parte por non facer as cousas correctas, erros na comunicación ou pola falla de empatía coa afección en diversos temas no que seguramente hai marxe de mellora. Mais nesta ocasión, desde o Concello de Vigo atárono de pés e mans sen marxe de manobra podendo só criticarlle a carencia de información no comunicado inicial das compensacións que se ían retornar aos afectados/as polo peche da bancada de Río, xa que non esquezamos, é a empresa que ofrece o espectáculo que o abonado/a contrata có pago do abono a principios de tempada e ao que este/a lle ten que pedir responsabilidades. Entendemos que coa devolución dos cartos o Celta actúa en consecuencia e correctamente.
Facendo unha análise cunha visión máis ampla e cotexando toda información e a cronoloxía do acontecido, entendemos que é o Concello o maior, que non o único, causante deste esperpento. Ninguén vai criticar que garantir a seguridade das persoas é o primeiro. De feito a afección é a cidadanía en xeral pregúntase se no partido anterior có Girona non houbo risco para os seareiros da bancada de Río, xa que esas deficiencias existían. ¿Quen sería o responsable no caso de suceder unha desgraza? Mais baixo o paraugas da seguridade ou da irresponsabilidade da empresa contratada non pode agocharse o Concello para xustificar a mala fe na súa actuación có Celta, ou a ineptitude para contratar e supervisar a obra. Hai días que públicamente sabíase que retirarían a cuberta da bancada polas deficiencias atopadas, e enfrontan aos socios/as có clube notificando o peche a última hora sabendo que é o clube o que ten que atender ás demandas dos afectados/as sen tempo material para facelo.
A secuencia deste domingo é unha máis da tétrica película que levamos vivindo os e as Celtistas coa obra de Balaídos nos últimos anos, con farois e incumprimento sistemático dos prazos dende o Concello e Deputación no que por un lado, Abel Caballero fala de “obra faraónica, Guggenheim do fútbol ou Balaídos vai ser o mellor estadio do mundo” e pola outra, o Celta recalca tódalas deficiencias existentes e palabras ao vento da Administración.
Os celtistas estamos fartos, cansos de tantas mentiras e alburgadas. Non somos bonecos manexables nin do Concello nin do Celta. Somos Celtistas que amamos unhas cores. Celtistas que tan só queremos ir a un Balaidos seguro, gozando orgullosos do noso equipo, e non ter que quedar na rúa como este Domingo pola ineptitude ou presións políticas dalgúns. Celtistas que reclaman un arranxo na relación Celta - Concello. Celtistas que desexan que a bancada de Río esté operativa para o partido do Athletic, ou de non ser posible exista comunicación con antelación para que o clube poida actuar en consecuencia e atender aos afectados e afectadas.
Non queremos verborrea populista nin queremos o mellor estadio do mundo. Como brincadeira xa está ben. Tan só pedimos RESPECTO porque somos celtistas e somo persoas.
¡¡ALA CELTA!!
Asinan este comunicado as seguintes peñas e colectivos:
CARCAMANS CELESTES CENTOLOS CELESTES COLECTIVO NÓS
FDS
IRMANDIÑOS 1923
PEÑA BURGALEGOS CELESTES
PEÑA CELTISTA A MAO NEGRA
PEÑA CELTISTA ALCOYANA OSCAR PRIETO PEÑA CELTISTA ALENTO CELESTE
PEÑA CELTISTA ALLARIZ CELESTE
PEÑA CELTISTA ALVELO
PEÑA CELTISTA ARRIBADA CELESTE
PEÑA CELTISTA BOINAS CELESTES
PEÑA CELTISTA BRENGA CELESTE
PEÑA CELTISTA BUEU CELESTE
PEÑA CELTISTA CASTRÓNS 1923
PEÑA CELTISTA CELTAS DO VERDUGO PEÑA CELTISTA CELTILIKOS
PEÑA CELTISTA CIGARRÓN CELESTE
PEÑA CELTISTA CONDADO CELESTE
PEÑA CELTISTA DE ARBO
PEÑA CELTISTA DE GINEBRA
PEÑA CELTISTA DE MALLORCA
PEÑA CELTISTA DE PONTEAREAS
PEÑA CELTISTA DE PORTO DO SON
PEÑA CELTISTA DE SARRIA
PEÑA CELTISTA DO MILLADOIRO
PEÑA CELTISTA DO RIBEIRO
PEÑA CELTISTA DOCTOR COTA
PEÑA CELTISTA FERNANDO VAZQUEZ PEÑA CELTISTA GUDELJ - VIGO
PEÑA CELTISTA HORDAS CELESTES PEÑA CELTISTA IAGO ASPAS
PEÑA CELTISTA JORGE OTERO
PEÑA CELTISTA LE-CHUZAS CELESTES PEÑA CELTISTA LENDA CELESTE
PEÑA CELTISTA LEXIÓN CELESTE PEÑA CELTISTA LÍO EN RÍO
PEÑA CELTISTA LONDON CELTAS PEÑA CELTISTA MERLEGOS CELESTES PEÑA CELTISTA MI BENDITA CONDENA PEÑA CELTISTA NATXO INSA
PEÑA CELTISTA O BARCO DE VALDEORRAS PEÑA CELTISTA OS DO BANCO
PEÑA CELTISTA OS TABERNICOLAS
PEÑA CELTISTA OS VIADUCTOS
PEÑA CELTISTA OS ZOQUEIROS
PEÑA CELTISTA PREFERENCIA CELESTE
PEÑA CELTISTA RAMALLOSA-CANIDO
PEÑA CELTISTA RIKITRÍ
PEÑA CELTISTA SEMPRE CO CELTA
PEÑA CELTISTA SEMPRE PAHIÑO
PEÑA CELTISTA SIAREIROS DEZAOS
PEÑA CELTISTA SIAREIROS.NET
PEÑA CELTISTA SOBRAN OS MOTIVOS
PEÑA CELTISTA TEIXUGOS CELESTES
PEÑA CELTISTA TERMAS CELESTES OURENSE
PEÑA CELTISTA VILAGARCÍA DANI ABALO
PEÑA CELTISTA VIVEIRO CELESTE
PEÑA CELTISTA SECCIÓN LAMPARÓN
PEÑA CELTISTA ZERU-URDIN

0 comentarios
Escribir comentario 0 comentarios
Deja una respuesta

Información básica de Protección de Datos:
Responsable de los datos: El Desmarque Portal Deportivo, S.L.
Finalidad: con la que se tratan sus datos personales: gestión de comentarios en el blog.
Derechos que le asisten: podrá acceder, rectificar y suprimir los datos, así como revocar la autorización para el tratamiento de los datos, ejercitar los derechos de limitación, portabilidad, y a no ser objeto de decisiones automatizadas dirigiéndose por escrito a la dirección: legal@eldesmarque.com.
Información adicional: puede consultar la información detallada en el siguiente enlace: https://www.eldesmarque.com/politica-de-privacidad (apartado “Gestión de comentarios en foros y blogs”).

Cancelar

Cargando

Has preferido rechazar las cookies, regístrate para acceder al contenido

El registro permite navegar rechazando el aviso de cookies, pero no implica dejar de recibir publicidad ni acceso a contenido o ventajas exclusivas. Si ya estás registrado, haz click aquí para acceder.

Recuerda que tienes la opción de aceptar las cookies para acceder al contenido sin registrarte